CRTVG

Buscar

A Xunta Electoral analiza se suspende as conferencias de prensa do Consello de Ministros

Publicado o 11/03/2019 16:42
A Xunta Electoral analiza se suspende as conferencias de prensa do Consello de Ministros

A Xunta Electoral analiza hoxe as peticións do PP e Ciudadanos de supender as conferencias de prensa do Consello de Ministros.

Os dous partidos cren que nesas comparecencias se fai propaganda, mentres que o Executivo asegura que cumpren a obriga constitucional de garantir o dereito á información. Con todo, a voceira do Goberno optou o venres pasado por non facer ningún comentario político dende a mesa do Consello, á espera do que decida a Xunta Electoral.

 

Noticias web

11/03/2019