CRTVG

Buscar

A Xunta Electoral amplía o prazo do voto por correo ata o día 24

Publicado o 10/05/2019 09:07
A Xunta Electoral amplía o prazo do voto por correo ata o día 24

A Xunta Electoral ampliou o prazo para depositar o voto por correo ata o venres 24 de maio, o último día de campaña.

Apúranse os tempos e nesa xornada será ás dúas da tarde o prazo máximo para poder votar. A Xunta Electoral tomou a decisión nunha reunión este xoves pola tarde, a raíz dunha petición do presidente de Correos. Piden que se extreme a dilixencia para que os sobres cos votos cheguen ás mesas o día das eleccións.

Noticias web

10/05/2019