CRTVG

Buscar

A Xunta elabora un plan para reactivar o turismo de 25 millóns de euros

Publicado o 17/04/2020 21:06
A Xunta elabora un plan para reactivar o turismo de 25 millóns de euros

A Xunta traballa xa nun plan de reactivación do sector turístico dotado con 25 millóns de euros. O obxectivo é manter os postos de traballo e o tecido empresarial. O conselleiro de Cultura e Turismo e o de Economía e Emprego mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes do Clúster do Turismo para coñecer as súas demandas a medio e longo prazo derivadas da crise do coronavirus. O sector supón o 11% dos empregos en Galicia e o 10% do noso Produto Interior Bruto.
 

Noticias web

17/04/2020