CRTVG

Buscar

A Xunta é partidaria de restricións sen o estado de alarma

Publicado o 24/10/2020 19:25

A Xunta de Galicia é partidaria de establecer restricións, de mobilidade ou de distintas actividades, atendendo sempre a criterios homoxéneos. Fontes do Goberno galego apunta que se debería poder actuar con contundenia e con garantías sen ter que recorrer a un mecanismo extraordinario e excepcional como é o estado de alarma que, engaden, ten un custo reputacional enorme para unha España xa moi danada pola pandemia e a súa xestión.

A Xunta sempre é partidaria de anticiparte e tomar as medidas que sexan necesarias, sempre a través de medidas sanitarias e non de excepción como o estado de alarma ou o toque de queda.

O Goberno galego insiste en que é necesaria unha reforma da lexislación sanitaria para poder actuar coas máximas garantías e tomar medidas.

 

Noticias web

24/10/2020