CRTVG

Buscar

A Xunta e Alcoa urxen o Goberno a aprobar un novo estatuto de electrointensivas

Publicado o 25/02/2019 15:35

A Xunta e os sindicatos de Alcoa urxen o Goberno central a aprobar un novo estatuto de empresas electrointensivas que garanta un prezo competitivo da enerxía. Asegurárono tras a primeira xuntanza da mesa industrial en que buscan unha solución para as factorías da Coruña e Avilés.

Agora mesmo están a traballar nun caderno de venda coas potencialidades da planta galega para presentarllo ao ministerio na reunión do vindeiro 12 de marzo, pero puntualizan que a prioridade é ter canto antes un estatuto de empresas electrointensivas que garanta un marco enerxético estable para os posibles compradores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019