CRTVG

Buscar

A Xunta e os sindicatos acordan as condicións laborais dos axentes forestais

Publicado o 11/10/2018 15:24

A Xunta e os sindicatos chegan a un acordo sobre as condicións laborais dos axentes medioambientais e forestais.

Os conselleiros de Facenda, Medio Rural e Medio Ambiente asinaron hai poucos minutos o acordo coas centrais Comisións Obreiras, UXT e CIG.

Entre os cambios acordados figura establecer melloras salariais que veñen homoxeneizar as condicións retributivas destes profesionais, cun aumento das retribucións dirixidas a manter a continuidade do servizo a través de gardas e traballo en domingo e festivos, especialmente en épocas de maior actividade estacional ou de incendios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018