CRTVG

Buscar

A Xunta e os hostaleiros achegan posturas para que o novo protocolo de ocupación entre en vigor en setembro

Publicado o 23/08/2021 15:21

O novo plan implantarase a comezos de setembro, a hostalería poderá incrementar a ocupación dependendo das medidas anticovid que aplique no seu local e independentemente da súa situación epidemiolóxica.

Fixaranse tres nives que dependerán das medidas que adopte cada establecemento, entre as que se atopan unha maior ventilación, o reforzo da limpeza, xel hidroalcólico ou as distancias entre mesas.

O documento aínda está por pechar e será analizado mañá polo comité clinico para comezar a aplicarse a principios do mes de setembro. Os hostaleiros presentaron este luns as súas alegacións ao protocolo impulsado pola Xunta e lanzou a proposta de volver facer uso das barras e que a Xunta estudará durante os próximos días.

Por iso, e pese ao "alto grao" de entendemento entre o Goberno e o sector, déronse uns días para analizar cuestións referentes a distancias entre mesas e o uso das barras.

O conselleiro de Sanidade avanzou que o novo modelo rexerase por tres niveis: básico, medio e alto, de forma que o nivel alto sería o óptimo e o que mellores condicións permitiría ter aos locais de lecer. García Comesaña non quixo desvelar que nivel de ocupación está a barallarse para cada nivel aínda que sinalou que as diferenzas a negociar non están tanto nas ocupacións como nas condicións.

Noticias web

23/08/2021