CRTVG

Buscar

A Xunta e os empresarios do ocio nocturno reúnense esta semana

Publicado o 12/09/2020 21:51

As terrazas ao aire libre dos locais de ocio nocturnos abren ata unha da mañá cunha ocupación máxima do 75 por cento, dende esta fin de semana. Os clientes só poden consumir na mesa, sen posibilidade de instalar barras no exterior. O sector, que leva pechado dende mediados de agosto considera que a medida non é dabondo. Dende o goberno aseguran que a apertura será progresiva e condicionada á situación sanitaria. "Somos conscientes de que é un pequeno desafogo, nin moito menos é a solución pero por algo tiñamos que empezar. Imos ter unha reunión o conselleiro de sanidade e eu mesmo cos representantes do sector... e seguiremos falando para ir avanzando e que haxa unha apertura progresiva que dependerá da situación sanitaria" ."Non se manterá ninguna medida máis tempo do necesario nin que non sexa estritamente necesaria", asegura Alfonso Rueda. 
O vicepresidente da Xunta facía estas declaracións tras participar na presentación do "Outono Gastronómico", unha proposta que convida a achegarse ao rural despois dos meses de verán. O sector considera a iniciativa máis necesaria neste ano de crise sanitaria, a pesar de que nalgúns casos a ocupación medrou.

Hai 70 aloxamentos adheridos a esta promoción, patrocinada por Turismo de Galicia, que permite degustar un menu elaborado con produtos naturais do outono e pasar a noite na casa elixida.

Noticias web

12/09/2020