CRTVG

Buscar

A Xunta e os emprendedores galegos apostan pola innovación

Publicado o 20/09/2019 15:31

Os continuos cambios nos modelos de consumo e nos mercados condicionan o futuro das iniciativas de moitos emprendedores que precisan ferramentas para adaptarse á realidade económica mundial.

Rafael Granados, presidente da Asociación de Autónomos de Galicia: "A remuda xeracional e a lei de segunda oportunidade son dúas claves para poder paliar todo o que nos vén enriba".

A Xunta está a impulsar novas iniciativas para que a nosa comunidade poida seguir creando emprego nun panorama internacional complicado. Aposta pola formación, a innovación e a apertura de novos mercados. 

Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria: "Estamos traballando en novos mercados. Na China, en Asia, en América. O camiño pasa por fortalecer o noso mercado exterior".

En Galicia hai nestes momentos preto de 200.000 traballadores autónomos e emprendedores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019