A Xunta e os autónomos critican as trabas que impón o Goberno para solicitaren axudas
Achacan a baixa demanda nas solicitudes ás cargas burocráticas ás que teñen que someterse os empresarios que queren acceder ás axudas. Pero o principal motivo de controversia deste terceiro plan de rescate está nas condicións e requisitos impostos polo Goberno central. A Consellería de Emprego ao igual que as asociacións de empresarios e autónomos, critican que deixa fóra moitos sectores afectados pola pandemia e piden que se estenda a todas as empresas con perdas na facturación.
A pandemia deixou miles de negocios con débedas e tamén con perdas importantes na súa facturación, pero non todos poderán acceder á prestación.
Malia que o executivo central flexibilizou os requisitos coa modificación do decreto neste momento pouco máis de 5.500 autónomos galegos tramitaron as axudas.
A dous días de que remate o prazo de solicitude, desde a Consellería de Emprego prevén que dos 234 millóns de euros dos fondos estatais só se consumirá a metade, polo que xa anunciou unha nova convocatoria para a segunda semana de outubro.