CRTVG

Buscar

A Xunta e o sector turístico consensúan un plan de reactivación de 27 millóns

Publicado o 13/05/2020 15:53

Recuperar a confianza dos turistas e garantir a súa seguridade e tamén a dos traballadores do sector. Este é o eixe principal do plan de reactivación do turismo pactado entre a Xunta e o sector e que está dotado con 27 millóns de euros.

O Xacobeo de 2021 será máis galego e estará concibido como un dos piares da reactivación económica.

Dende a oposición o Grupo Mixto pide máis fondos.

 O BNG e o PSdeG critican a falta de axudas directas.

O Grupo En Común da Esquerda pide un bono solidario para a cultura.

O Partido Popular critica a inacción do Goberno central no eido turístico.

 O sector turístico ve positivo o plan da Xunta e pide seguir traballando nesa dirección.

 O plan de choque inclúe tamén un paquete de medidas destinadas á reactivación das insdustrias culturais.

Noticias web

13/05/2020