CRTVG

Buscar

A Xunta e o concello inician os contactos para planificar a ampliación do hospital da Coruña

Publicado o 12/02/2020 15:05

A de hoxe foi unha primeira toma de contacto. Representantes políticos das administracións autonómica e local e técnicos acordaron establecer grupos de traballo para comezar a darlle forma ao que será o novo hospital universitario da Coruña.

A Xunta comprometeuse a estudar xa posibles cambios sobre o proxecto inicial. O Concello propón unha reordenación das zonas verdes e dos espazos libres, para reducir o número de expropiacións.

A intención é que as primeiras obras comecen en cousa de dous meses.

Noticias web

12/02/2020