CRTVG

Buscar

A Xunta e o comité de Alcoa San Cibrao pídenlle ao Goberno "certezas" no proceso de compra da factoría

Publicado o 19/04/2021 14:51

A Xunta e mais o comité de empresa de Alcoa San Cibrao pídenlle "respostas" ao Executivo central sobre o proceso de venda da planta. Representantes dos traballadores reníronse co vicepresidente económico do Goberno galego para abordar a venda da fábrica de aluminio primario á SEPI, prevista para o 30 de abril.

Francisco Conde pídelle á sociedade estatal que facilite o proceso e lle dea certezas á factoría da Mariña. E o comité insta a Alcoa a rebaixar as súas pretensións e a manter os termos pactados.

Noticias web

19/04/2021