CRTVG

Buscar

A Xunta e Fegamp reúnense para propoñer solucións que aborden o déficit de socorristas en Galicia

Publicado o 19/06/2019 14:35

Xunta e Fegamp puxeron sobre a mesa dúas propostas que, se se aproban, serán postas en marcha o próximo ano. A primeira é a creación dunha bolsa común de contratación. A segunda, a creación do posto de auxiliar de socorrista, que complementaría as actividades do titulado.

En Galicia estiman necesarios 1.000 socorristas, e a pesar de haber máis de 5.000 inscritos no rexistro, non se cobre a demanda. Unha problemática que se arrastra nos últimos anos, motivada polo custo e a esixencia da formación requirida, e tamén pola inestabilidade laboral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019