A Xunta e Compostela Monumental acordan "reforzar" a imaxe da zona vella mediante o comercio de proximidade
Publicado o 05/08/2021 16:42

O Camiño de Santiago segue recuperándose. Case 35.000 peregrinos recolleron a compostela no mes de xullo e a previsión é superar esa cifra en agosto.
Os datos deunos o vicepresidente da Xunta, na sinatura dun convenio de colaboración con Compostela Monumental, por un importe de 50.000 euros, para promover o comercio da cidade.
Os que merquen na zona vella recibirán unha bolsa de tea lembrándolles aos visitantes que Galicia celebra o Xacobeo este ano e o que vén.