CRTVG

Buscar

A Xunta e as universidades galegas colaborarán na loita contra a violencia machista

Publicado o 21/05/2019 16:12

Cada unha das tres universidades galegas disporá de 100.000 euros para desenvolver este ano actividades contra a violencia machista. Así se establece nos convenios que asinaron hoxe en Santiago os tres reitores e o vicepresidente da Xunta.

Grazas aos acordos que rubricaron as universidades galegas e a Xunta, as tres institucións académicas desenvolverán medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Céntranse en dous eixes: un que ten que ver coa sensibilización e a prevención e outro relacionado coa visualización e atención a distintos xeitos de violencia machista. Diríxense a profesores e a alumnos. 

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta: "Xente nova, onde se poden dar situacións de violencia machista e onde se pode traballar para que non se dean. E o profesorado, en poucos campos hai esa interrelación con tantos milleiros de alumnos onde se pode influír de xeito positivo de forma tan directa".

Antonio López, reitor da USC: "Temos que seguir traballando coa mocidade nestas cuestións. Non é un problema xeracional que veña resolto pola evolución dos tempos, senón que, desgraciadamente, se segue a manter en idades mozas".

Este convenio coas universidades súmase a outros acordos para desenvolver iniciativas a prol da igualdade nos eidos cultural, turístico, na educación, a vivenda, o deporte ou no medio rural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019