CRTVG

Buscar

A Xunta e as cinco rutas do viño de Galicia presentan unha campaña de fomento do turismo enolóxico

Publicado o 28/09/2020 16:15

A Xunta de Galicia e as cinco rutas do viño de Galicia presentaron esta mañá en Santiago unha campaña de fomento do enoturismo.

Como apuntaron na presentación da campaña, estamos ante un dos proxectos máis ambiciosos a nivel nacional en materia de turismo enolóxico.

O obxectivo é ofrecer unha alternativa turística segura e darlle motivos á xente para que siga viaxando ao tempo que se favorece a desestacionalización e se fomenta o viño como motor economico.

A Xunta traballa nunha plataforma de comercialización para facer a experiencia máis sinxela tanto para os clientes coma para os establecementos adheridos.

Natureza, aire libre, proximidade e seguridade. Estes son algúns dos incentivos que nos ofrece o enoturismo; unha actividade que en plena pandemia podería converterse en panca de recuperación do sector turístico galego.

En Galicia temos cinco rutas do viño, que, tal e como se sinala na campaña, podemos gozar cos cinco sentidos. Unha experiencia distinta que abre un mundo de oportunidades para o sector turístico galego.

Noticias web

28/09/2020