CRTVG

Buscar

A Xunta e a Universidade eliminarán a maleza da muralla de Lugo con herbicidas de orixe 100% vexetal

Publicado o 23/10/2019 21:00

A maleza que se forma na muralla de Lugo supón un doble problema. Por un lado, afecta a estética do monumento e, polo outro, pode medrar ata facer que as pedras se solten. Para erradicala do xeito máis sustentable, a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia desenvolveron un proxecto co que se impide que as malas herbas xermolen. Trátase duns aceites esenciais a base de ourego e tomiño que afectan sobre todo a herba chamada parietaria e que non a deixan medrar ou mesmo nin sequera nacer. Os aceites vanse aplicar nas vindeiras semanas e poderían ter tamén usos agrícolas.

"Fixemos probas en laboratorios, fitotróns, cámaras de cultivo, invernadoiros e nas propias paredes da muralla. E comprobamos que inhiben a xermolación das herbas que medran na muralla, sobre todo a parietaria".

Co uso dos aceites esenciais evítase empregar herbicidas de base química que poderían afectar os paxaros que aniñan na muralla ou mesmo resultar tóxicos para os centos de persoas que pasan diariamente a carón do monumento, que é patrimonio da humanidade. Os primeiros ensaios revelaron que os aceites reducen a maleza ata nun 80%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019