CRTVG

Buscar

A Xunta e a Fundación Juana de Vega asinan un convenio para dinamizar as comarcas vitivinícolas galegas

Publicado o 09/08/2019 15:27

Os conselleiros de Economía, Cultura e Turismo e o Medio Rural xunto ao presidente da Fundación Juana de Vega asinaron esta mañá en Cambados un convenio de colaboración para a elaboración dunha estratexia para a dinamización das comarcas vitivínicolas de Galicia.

A nova estratexia para impulsar o sector do viño en Galicia permitirá dinamizar os territorios das cinco denominacións de orixe e das catro indicacións xeográficas protexidas. O plan asinado hoxe polos conselleiros de Economía, Cultura e Turismo e o Medio Rural xunto á Fundación Juana de Vega ten entre os seus obxectivos mellorar o posicionamento dos viños galegos.

Este convenio tamén impulsará a internacionalización dos viños galegos. Desde 2009, as exportacións neste sector incrementáronse nun 84% e unha de cada 5 botellas que se producen en Galicia véndese ao exterior.


 

Noticias web

09/08/2019