CRTVG

Buscar

A Xunta di ao Goberno que "chega tarde" ao Xacobeo

Publicado o 02/03/2020 20:48

A Xunta advirte ao Goberno que xa chega tarde ao Xacobeo 21. Así llo trasladou o conselleiro de Cultura ao Ministro José Manuel Rodríguez Uribes na xuntanza da conferencia sectorial de Cultura. Román Rodríguez lamentou a falta dun plan de investimentos por parte do executivo central acorde coa magnitude do Ano Santo. Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, di: "estamos percibindo que o Goberno do Estado chega tarde ao Xacobeo porque todo o que ten que ver coa programación dos grandes eventos, das infraestruturas, ten uns tempos, e o Xacobeo xa está aí".

Noticias web

02/03/2020