CRTVG

Buscar

A Xunta di que o sistema educativo está preparado para o ensino virtual

Publicado o 29/01/2021 15:11

O conselleiro de Educación reunise esta mañá telematicamente co comité educativo. Sobre a mesa, o plan de ensino virtual. Polo momento descártase o peche dos colexios, pero o Executivo galego di que o sistema está preparado por se a situación sanitaria obriga a suspender as clases presenciais.

"O sistema educativo está preparado para un hipotético salto a un ensino virtual, algo que non desexamos, pero debemos facer un seguimento constante da situación sanitaria por se fose preciso dar este salto", dixo Román Rodriguez, conselleiro de Educación.

Noticias web

29/01/2021