CRTVG

Buscar

A Xunta di que o estatuto das electrointensivas só favorece as empresas de Euskadi e Cataluña

Publicado o 18/02/2020 15:06

A Xunta acusa o Goberno central de discriminación territorial coa súa política enerxética. Di que o novo estatuto só está pensado para favorecer empresas de Euskadi e Cataluña con menos problemas que as galegas.

O conselleiro de Economía reuniuse este martes coa dirección de todas as electrointensivas galegas. Consensuaron unha serie de alegacións ao estatuto do Goberno.

Francisco Conde pídelle ao Goberno de Madrid vontade política para salvar 5.000 empregos só na nosa comunidade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020