A Xunta di que Bruxelas evidenciou as "mentiras" do Goberno sobre o AVE
Publicado o 17/01/2020 14:59
A concesión dunhas axudas de Bruxelas para o AVE galego levaba unha letra pequena: a previsión de que a liña estea operativa a partir de xaneiro de 2022.
No Ministerio admiten que lles deron eles ese cálculo pero que non é real. Din que puxeron un ano de máis, por seguridade, para non perder os cartos en caso de imprevistos.
A Xunta ve nesas explicacións unha mentira máis do Goberno con Galicia.
Di que o informe de Bruxelas coincide nos prazos coa auditoría que fixo a propia Xunta sobre a marcha das obras e que xa alertaba de que o AVE podería non estar operativo para o Xacobeo 2021.