CRTVG

Buscar

A Xunta destinará dez millóns de euros a catro liñas de axudas ao alugueiro

Publicado o 30/03/2021 18:49

As familias máis desfavorecidas terán a disposición dez millóns de euros para que poidan asumir o alugueiro dunha vivenda. Son axudas da Xunta ás que cinco mil galegos xa se adscribiron e ás que tamén se poden acoller mozos que queren independizarse e persoas especialmente afectadas pola crise derivada da pandemia. Hoxe mesmo ábrese o prazo para as solicitudes. As axudas teñen unha vixencia dun ano e oscilan entre os cincocentos e os trescentos euros mensuais. O prazo para solicitar as contempladas para as persoas afectadas pola crise derivada da pandemia ábrense o vindeiro 6 de abril.

Noticias web

30/03/2021