CRTVG

Buscar

A Xunta destinará 10 millóns de euros para elevar as axudas aos dependentes

Publicado o 22/02/2019 14:00
A Xunta destinará 10 millóns de euros para elevar as axudas aos dependentes

A Xunta vai destinar nos próximos meses dez millóns de euros para aumentar as axudas que reciben 19.000 dependentes. Nunha visita á nova residencia de maiores de Redondela Alberto Núñez Feijóo explicou que os incrementos serán de entre un dez por cento ata un 75 por cento en función do grao de asistencia que precisen. O presidente dixo que despois de ampliar as prazas o reto do seu goberno agora é aumentar as contías das axudas á dependencia.

Noticias web

22/02/2019