CRTVG

Buscar

A Xunta destina nove millóns a rebaixar a factura dos concellos con Sogama

Publicado o 26/10/2021 17:12
A Xunta destina nove millóns a rebaixar a factura dos concellos con Sogama

Os concellos galegos van aforrar ata o 19 por cento o ano que vén na factura do lixo doméstico. Será, segundo á Xunta, grazas ao esforzo orzamentario que se vai traducir en case nove millóns de euros, como anunciaba a conselleira de Medio Ambiente.

Ángelez Vázquez suliñaba que o canon de Sogama pola xestión dos residuos urbanos será o máis baixo de España, grazas á rebaixa recollida nos orzamentos e á decisión de non aplicar a suba do IPC.

Noticias web

26/10/2021