CRTVG

Buscar

A Xunta destina medio millón de euros dos fondos de cooperación a un proxecto de acuicultura no Perú

Publicado o 29/07/2019 16:10

Máis de medio millón de euros dos fondos de cooperación da Xunta están destinados ao proxecto Acuipesca no Perú. O Cetmar coordina esta iniciativa en colaboración coa administración peruana e co apoio de Anfaco e a oenegué Ayuda en Acción.

Busca mellorar a competitividade do sector da acuicutura e da pesca tradicional do país andino, con especial atención á produción da chamada cuncha de abano, un molusco que se produce en grandes cantidades na baía de Sechura.

Hoxe asináronse os convenios de cooperación para levalo a cabo, que abranguen os vindeiros tres anos.




 

Noticias web

29/07/2019