CRTVG

Buscar

A Xunta destina case dous milóns de euros ao emprendemento feminino

Publicado o 28/10/2019 15:08

A Xunta pon en marcha o programa Emega deste ano, dirixido ao emprendemento feminino. Un millón setecentos mil euros para 161 proxectos. Busca a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

E faino co apoio económico a proxectos empresariais presentados por mulleres. Hai axudas tamén para a mellora e a conciliación. Este ano o programa dobra orzamento e beneficiarias. Desde 2009, impulsou 700 empresas en Galicia que dan traballo a máis de 1.200 mulleres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019