CRTVG

Buscar

A Xunta destina 5,5 millóns para mellorar a recollida e reciclaxe dos residuos domésticos

Publicado o 08/11/2018 15:17

O Goberno galego anuncia unha achega de 5,5 millóns de euros no 2019 para mellorar a recollida e reciclaxe de residuos domésticos e poder acadar o obxectivo da Unión Europea de que a final desta década se recupere o 50% destes restos.

O obxectivo que marca a Unión Europea é que no 2020 se recicle a metade dos residuos domésticos, é dicir, restos de comida, papel, vidro e plástico. E para chegar cos deberes feitos, a Xunta vai convocar no 2019 unha orde de axudas para que as entidades locais implanten puntos limpos móbiles para mellorar o servizo de recollida e reutilización.

Tamén o ano que vén van seguir instalándose en Galicia os chamados quintos colectores, en que só se pode botar materia orgánica, que representa o 42% dos restos dos fogares. O plan prevé, ademais, a creación dunha rede de establecementos municipais, comerciais e entidades locais que poñan en marcha espazos para a reparación de aparellos estragados para poder reutilizalos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018