CRTVG

Buscar

A Xunta destina 200 millóns a melloras nos centros educativos ata o 2021

Publicado o 17/01/2019 21:54

O plan de melloras das infraestruturas educativas prevé a construción de novos colexios en Ames, Arteixo e Sanxenxo; obras para renovar centros, e importantes ampliacións en colexios e institutos de Santiago, Lugo, A Estrada e Salvaterra.

Nos seis anos de vixencia do plan faranse obras en 116 centros, onde estudan 33.000 alumnos de 72 concellos. Boa parte do orzamento irá para impulsar a F.P. Case 34 millóns de euros dedicaranse a melloras das instalacións onde se imparten ciclos formativos e para comprar equipamentos de innovación na F.P.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2019