A Xunta destina 20 millóns de euros para os centros de investigación universitarios
Luz verde á construción dun Centro de Atención ás persoas con discapacidade en Ourense.
A achega de preto de 20 millóns e medio de euros durante o período que vai de 2019 ata 2022 destinada aos centros de investigación integrados no sistema universitario galego busca atraer talento e mellorar a posición das universidades nas series en materia de investigación. O vicepresidente da Xunta de Galicia di que supón un forte incremento neste tipo de investimentos.
Segundo o Goberno galego, isto supón un salto cuantitativo e tamén cualitativo porque prevé que a inxección económica permita consolidar unha estrutura de I+D+i máis forte e máis competitiva. As axudas poderán ser dun máximo dun millón de euros e un mínimo fixado en 500.000 euros por centro de investigación.