CRTVG

Buscar

A Xunta destina 13 millóns de euros para que os concellos melloren o tratamento de residuos

Publicado o 21/10/2021 16:21
A Xunta destina 13 millóns de euros para que os concellos melloren o tratamento de residuos

O Consello da Xunta aprobou hoxe unha achega de máis de 13 millóns de euros para axudar os concellos a cumprir en dous anos coa norma europea que obriga ao aproveitamento dos biorresiduos como fertilizante natural.

Os biorresiduos son os restos de comida, papel de cociña usado ou restos de plantas que agora botamos ao colector orgánico e que deberán ir para un colector marrón ou para compostaxe. Haberá axudas para os dous tipos de tratamento deses residuos.

Noticias web

21/10/2021