CRTVG

Buscar

A Xunta destina 13,7 millóns a obras en centros de benestar social

Publicado o 29/05/2019 15:57

A Xunta anuncia que van comezar axiña obras en 34 centros dependentes da Consellería de Política Social, tales como residencias, centros de discapacidades ou de menores ou campamentos para mellorar a comodidade e a eficiencia enerxética de edificios que dan servizo a 50.000 usuarios.

Feijóo tamén avanzou unha nova convocatoria dos chamados programas integrados de emprego, en que os asistentes reciben formación e asesoramento laboral, ademais da posibilidade de facer prácticas nunha empresa. Organízanos concellos e entidades sen ánimo de lucro co apoio da Xunta, que dedicará entre o 2019 e o 2020 dez millóns de euros a este plan. Agardan chegar a 4.000 persoas.

A Lei da paisaxe aplicarase en zona marítima

Feijóo tamén anunciou o inicio da tramitación do regulamento da Lei da paisaxe, que vén sendo, di, unha nova ferramenta para conservar e protexer o noso patrimonio natural. Unha das novidades é que non só se aplicará no ámbito terrestre, senón tamén en zona marítimo terrestre e en augas interiores.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019