A Xunta destina 12 millóns a un programa de innovación nas Pemes
Publicado o 26/10/2021 14:49
A Xunta porá en marcha un programa especial para que as pemes e microempresas fomenten a innovación.
O vicepresidente económico do Goberno galego anunciou que o plan contará cun investimento de doce millóns de euros e chegará a 15.000 beneficiarios. Francisco Conde, dixo, ademais que haberá unha unidade móbil que percorrerá diversas zonas de Galicia ofrecendo servizos de asesoramento.