CRTVG

Buscar

A Xunta destina 10 millóns de euros á recuperación de vivendas no rural

Publicado o 03/10/2017 16:21

A Xunta de Galicia destina 10 millóns de euros á recuperación de máis dun milleiro de vivendas en varios concellos de Galicia. Esta mañá asinouse o primeiro convenio, foi co concello ourensán de Parada de Sil que rehabilitará catro vivendas unifamiliares. Os beneficiarios dos fondos recibirán préstamos con xuro cero para as obras que acometan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2017