CRTVG

Buscar

A Autoridade Fiscal cre probable que Galicia cumpra o obxectivo de déficit

Publicado o 12/04/2019 19:14

Galicia foi a comunidade que máis reduciu o seu nivel de endebedamento na última década en relación á media das autonomías. O director xeral de Política Financeira defendeu no Parlamento a solvencia e responsabilidade da Xunta en materia de endebedamento público.

David Cabañó. director xeral de Política Financeira: "O peso da débeda de Galicia con respecto ao total de volume de débeda no conxunto de todas as comunidades autónomas redúcese ata o 3,87%. Hai que lembrar que en 2009 o peso da débeda de Galicia respecto do total de comunidades autónomas era do 5,2% . Este é un dato moi importante porque é o mellor dato de toda a serie histórica"

Sobre o futuro das contas públicas das autonomías acaba de pronunciarse a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal. Considera probable que Galicia cumpra o obxectivo de déficit do 0,1% do PIB en 2019 e peche o ano con equilibrio orazamentario. Con todo advirte de que hai un risco moderado de incumprimento da regra de gasto. Segundo a Eiref Vigo é o único dos grandes concellos que incumpriu o ano pasado tanto o obxectivo de estabilidade como a regra de gasto . Pero considera que se trata dun situación puntual derivada do rescate do Auditorio do Mar de Vigo, unha operacion de 32 millóns de euros.

Noticias web

12/04/2019