CRTVG

Buscar

A Xunta deseña co sector un Plan Estratéxico para o viño galego

Publicado o 12/04/2019 14:50
A Xunta deseña co sector un Plan Estratéxico para o viño galego

Potenciar o viño galego non só como recurso produtivo, senón tamén como reclamo turístico.
É un dos obxectivos incluído no futuro plan estratéxico do sector. Así o explicaron tres conselleiros, o de Medio Rural, o de Economía e o de Cultura, no encontro que mantiveron con representantes das cinco denominacións de orixe e das rutas do viño que hai en Galicia. O sector implica máis de 13.000 viticultores e 460 adegas en toda a comunidade.
 

Noticias web

12/04/2019