A Xunta desbota un confinamento xeral
Publicado o 24/11/2020 08:43
Hoxe volve reunirse o comité clínico que asesora a Xunta. Hai varios concellos no punto de mira.
Se nas dúas próximas semanas a evolución da pandemia vai como nas últimas, di Alberto Núñez Feijóo, na ponte de decembro podería abrir a hostalería e os peches perimetrais nalgúns concellos. Con todo, o presidente cre que o responsable é non facer previsóns con tanta antelación.
Como tampouco poden asegurar, engade, que non vaia haber confimanentos domiciliarios puntuais. Si que desbota un xeral en toda Galicia.