O Goberno galego desbota, polo de agora, volver ao toque de recollida
O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda asegurou que "non está sobre mesa" implantar un toque de queda en Galicia para frear o aumento de contaxios e avogou por medidas restritivas que permitan compatibilizar a seguridade sanitaria co funcionamento da hostalaría. Sobre a reunión co lecer nocturno, lembrou que é un encontro que fora programado co sector para analizar o balance dos primeiros 15 días de funcionamento desta actividade despois de "tantos meses sen traballar".
O principal problema está entre a poboación non vacinada, os máis novos. A primeira hora desta tarde o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda e o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña reúnense con representantes do ocio nocturno para avaliar as novas medidas.
O que polo momento descartan as autoridades galegas é volver ao toque de recollida. Esa decisión xa se tomou noutras comunidades autónomas.