CRTVG

Buscar

A Xunta denuncia que o Goberno central deixa de pagar a Galicia 200 millóns ao ano para dependencia

Publicado o 28/10/2019 21:26

Isto denunciouno esta tarde a conselleira de Política Social: o Goberno de Pedro Sánchez deixa de pagarlle a Galicia 200 millóns cada ano en axudas aos dependentes.

Fabiola García defendeu no Parlamento uns orzamentos sociais que son os máis altos da historia de Galicia. Haberá unha aposta clara pola familia, a infancia e a mellora demográfica. Tamén haberá máis cartos para atender os nosos maiores. Pero neste punto a conselleira lembrou que o Goberno central só paga a metade do que debería para as axudas á dependencia.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019