A Xunta denuncia ausencia de contido no documento que o Goberno central presentou na Conferencia Sectorial de Reto Demográfico
Publicado o 20/11/2020 16:10
A conselleira de Política Social critica o documento que o Goberno central presentou na xuntanza da Conferencia Sectorial de Reto Demográfico.
Fabiola García afirma que non presenta medidas concretas, nin mecanismos de financiamento nin indicadores de cales van ser as áreas de risco demográfico e que, polo tanto, é inaceptable para a Xunta.
"Galicia non pode aceptar, de ningún xeito, este documento, e menos que se chame "estratexia nacional". Pedímoslle ao Goberno que sexa serio e responsable, ao igual que está sendo Galicia nos últimos anos elaborando con moito traballo e esforzo esa Lei de impulso demográfico que se debaterá no Parlamento de Galicia a próxima semana", afirmou Fabiola García.