A Xunta denuncia a "inseguridade xurídica" que xera a protección especial do lobo
Publicado o 22/10/2021 16:33
En Galicia denunciáronse no que vai de ano máis de 4.300 ataques do lobo ao gando. Os tribunais aínda non se pronunciaron sobre o recurso presentado polas comunidades do norte en contra da orde ditada polo Goberno, que lle dá especial protección a esta especie. Hoxe a conselleira de Medio Ambiente reuníase con gandeiros da Mariña, unha das comarcas coa incidencia máis alta destes ataques. A Xunta reforza as axudas para paliar os danos desta fauna e para a prevención.