CRTVG

Buscar

A Xunta defende o proxecto da estación de autobuses de Ourense

Publicado o 27/01/2020 14:49

É o proxecto que está a desenvolver a Xunta de Galicia en Ourense: unha terminal de autobuses integrada na estación intermodal. Hoxe a conselleira de Infraestruturas dixo que se trata dun estudo realizado por especialistas, un equipo multidisciplinar composto por arquitectos e enxeñeiros. Coida que a Xunta está cumprir a súa parte, non así o Ministerio de Fomento.

O centro de saúde da Ponte a carón da estación, unha das principais preocupacións da veciñanza, dí que mesmo experimentará melloras a finalización das obras.

Asegurou que o que máis lle preocupa á Xunta a día de hoxe son os cumprimentos da chegada do AVE a Galicia. Por iso solicitáronlle ao Goberno unha comisión de seguemento da parte ferroviaria, queren que aclaren prazos e orzamentos de cara ao futuro.

Noticias web

27/01/2020