A Xunta defende o certificado covid na hostalería como alternativa aos peches
Publicado o 05/08/2021 14:46
Na Xunta aseguran que a alternativa a non pedir os certificados na hostalería era pechar o interior dos locais, como están facendo outras autonomías. Din que a medida busca combinar saúde e economía. E que ademais foi pactada cos propios hostaleiros.
Dende o comité clínico insisten en que as medidas actuais se aplican para poder manter os locais abertos de forma segura.
Nunha entrevista na Radio Galega, o doutor Pedro Rascado recorda que nos interiores é onde se producen máis contaxios, e que por iso se tomaron estas medidas.