CRTVG

Buscar

A Xunta de Tratamento do cárcere de Brieva mantén o segundo grao a Iñaki Urdangarin

Publicado o 23/01/2020 22:34
A Xunta de Tratamento do cárcere de Brieva mantén o segundo grao a Iñaki Urdangarin

A Xunta de Tratamento do cárcere de Brieva (Ávila) propuxo manter coa clasificación de segundo grao (ou réxime ordinario) a Iñaki Urdangarin, condenado a cinco anos e dez meses de cárcere polo caso  Noós.

Fontes penais informaron da proposta do cárcere abulense, que revisa cada seis meses a clasificación do marido da infanta Cristina, como se fai habitualmente con todos os reclusos.

A última clasificación foi en agosto e a Xunta de Tratamento tamén decidiu mantelo en segundo grao.

De todos os xeitos, Udangarin pode recorrer ante o xuíz de Vixilancia Penal a decisión da prisión para acceder a outro grao.

O marido da infanta ingresou en prisión en xuño de 2018 e recentemente, unha vez cumprida a primeira da condena, o xuíz concedeulle o seu primeiro permiso penal de catro días que o interno gozou en Nadal.

Tamén sae tres días por semana da prisión (luns, mércores e venres) para facer labores de voluntariado nun centro de Pozuelo de Alarcón, en Madrid.