CRTVG

Buscar

A Xunta de Galicia reitera a súa disposición a colaborar na acollida dos inmigrantes

Publicado o 13/06/2018 15:10

O Goberno galego reitera o seu ofrecemento para colaborar na atención aos inmigrantes que viaxan no Aquarius. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que as administracións deben colaborar nestes casos urxentes pero que é necesario avanzar na coordinación desde a Unión Europea. 

"Coñecidas as circunstancias de extrema necesidade e as condicións humanitarias cremos que unha vez que o goberno de España tomou esta decisión as administracións debemos colaborar para que esa xente teña acollida. Neso estamos todos de acordo que é necesario que os estados da Unión Europea se coordinen e que o goberno de España estea ahí tamén". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018