CRTVG

Buscar

A Xunta estende a obrigatoriedade da máscara a practicamente todas as situacións

Publicado o 27/06/2020 22:00

• Hai que usala na vía pública e espazos ao aire libre sempre que esteamos en movemento


A Xunta estende desde este sábado a obriga de usar máscara. Pasará a ser obrigatoria en practicamente todas as situacións e xa non será un substituto á distancia de seguridade de metro e medio. Haberá que usala na vía pública e espazos ao aire libre sempre que esteamos en movemento.

O cambio publícase no Diario Oficial de Galicia deste sábado. O documento recolle ademais outras normas que rexerán na denominada nova normalidade. Entre elas as que se deberán adoptar nas discotecas, pubs e verbenas a partir do próximo un de xullo. Deste xeito, o Goberno galego quere evitar a aparición de novos rebrotes.