CRTVG

Buscar

A Xunta de Galicia confirma que reclamará a titularidade do Pazo de Meirás

Publicado o 13/07/2019 14:53


Alberto Núñez Feijóo, confirmou que a Xunta de Galicia tomará parte no procedemento xudicial para reclamarlle a titularidade do Pazo de Meirás á familia Franco. Tras coñecerse este xoves que a avogacia do estado presentara unha demanda nun xulgado da Coruña, o titular do goberno galego, manifestou que non podía haber un ben privativo se o ben era público.

Segundo o Presidente da Xunta "o pazo é de quen o pagou, e quen o pagou son os cidadáns, deste xeito, a propiedade será dos cidadáns. Parécenos que o pazo é un ben público e imos ver se a xustiza dános a razón. A Xunta de Galicia tomou a decisión de presentarse no procedemento e aí estaremos", afirmou.

Esta mañá o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez lembrou que se trataba dun novo paso na folla de ruta establecida de xeito unánime polo Parlamento de Galicia e do informe que emitiu a comisión creada pola Xunta: "Nel diciamos que a responsabilidade de impulsar o preito contra a famlia era do goberno do estado. Afortunadamente, certo tempo despois está dando este paso e a Xunta de Galicia, nun acordo parlamentario, vai seguir o mandato do propio Parlamento, de que nos presentemos neste preito".

Dende a Xunta instaron a esperar polo que decida a xustiza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019