CRTVG

Buscar

A Xunta de Galicia amósase satisfeita coa venda de Alcoa, pero Conde lembra que é unha solución parcial

Publicado o 31/07/2019 12:23

Dende a Xunta de Galicia amósanse satisfeitos coa venda de Alcoa. Aínda así, lembran que é unha solución parcial e que a ameaza de peche só se disipará cando o Goberno central aprobe un estatuto que abarate a electricidade para a industria.

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria: "Isto non é un punto e final, é un punto e seguido. Precisamos que o Goberno cumpra cos seus compromisos e que aprobe ese estatuto de consumidores electrointensivos. Levamos sete meses esperando por ese compromiso e, lamentablemente, iso lévanos a que hoxe teñamos un peche en falso do conflito de Alcoa".

Noticias web

31/07/2019