CRTVG

Buscar

Tres novos abortos polo andazo de listeriose, un en Madrid e dous en Sevilla

Publicado o 30/08/2019 19:31

Xa son cinco en total as mulleres embarazadas que abortaron polo brote de listeriose detectado a mediados de mes en Andalucía. Nas últimas horas foron tres, dúas en Sevilla e unha en Madrid. Todas elas consumiran produtos da empresa Magrudis, que desde este venres está precintada.

O Concello de Sevilla presentou ademais unha denuncia contra os propietarios, tras comprobar que traballaban sen licenza, e que ocultaron listados de distribución e comercialización dos seus produtos.

O conselleiro de Saúde da Xunta de Andalucía, que compareceu no Parlamento, responsabilizou a empresa e o Concello sevillano do brote.

Jesús Aguirre, conselleiro de Sanidade da Xunta de Andalucía, "a responsabilidade última é de Magrudis, é evidente que os autocontrois da empresa fallaron. E nese sentido corresponde ao Concello verificar se eran eficaces"

As autoridades sanitarias confirman que o brote está remitindo. Agora mesmo quedan hospitalizadas 67 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí